0%

Biografía

Roi Casal

RC8 b:nNacido en 1980, Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego.

Formou parte de Milladoiro, a banda máis internacional da música galega, entre os anos 2000 e 2009.

Comeza a sua carreira en solitario en 2008 coa publicación de
Lendas douradas. Este primeiro traballo, do que destaca o single Ninfa das Frescas Augas, foi o disco máis vendido en Galicia ese mesmo ano.

galega dende unha visión contemporánea. Con este disco realiza unha xira de máis de 50 concertos
por todo o estado español e recibe numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio
Internacional Cubadisco recibido en La Habana en 2014, o prestixioso galardón concedido
na illa caribeña que o ano anterior recibira Paco de Lucía.

En 2014 publica Donos do noso destino, co que emprende unha xira internacional en Suiza,
Uruguai, Arxentina e Cuba. Neste mesmo ano recibe o Premio Bo e Xeneroso por parte da Fundación
Eduardo Pondal.

Tamén en 2014, varios temas da discografía de Roi Casal son seleccionados como banda sonora
das exitosas series de TVG “Caseiros” e “Pazo de Familia”.

En 2016 publica Son galego, Son cubano, un traballo feito conxuntamente con Xosé Neira Vilas no que participan destacados artistas de Galicia e Cuba como Pablo Milanés, Laritza Bacallao ou Nando Casal. A xira Son galego, Son cubano comezou con dous grandes concertos no Gran Teatro da Habana no mes de maio de 2016, e continúa hoxe en día en diversos lugares do mundo.

PREMIOS

2011 – Premio Arousán do Ano (Diario de Arousa)

2014 – Premio Bó e Xeneroso (Fundación Eduardo Pondal)

2014 – Premio Internacional Cubadisco (Instituto Cubano de la Música)

2016 – Premio Xosé Neira Vilas (Asociación naturales de Lalín de La Habana)

gl | es | +
Play Cover Track Title
Track Authors