Pistas:
Rosa
O sol na corda
The captain of my soul
No adeus
Burbullas
O amor dunha vida
Vai alborexar
La vieja
Añadir todas a la lista de reproducción
A William Ernest Henley (1949-1903), diagnosticáronlle aos 12 anos de idade tuberculosis aos osos, o que fai que sufra a amputación dunha perna por debaixo do xeonllo, pero a súa incapacidade física nunca o amilanou e acabou por converterse nun dos poetas ingleses de referencia do seu momento.
Xa adulto, e postrado na cama, escribiu o poema “invictus”, que orixinalmente non levaba título ningún. O poema remata cunha clara referencia a que por moi complicadas que se poñan as cousas, un sempre é o dono do seu destino.
Anos máis tarde, este poema é lido por unha persoa encadeada durante máis de 30 anos por facer fronte ao apartheid sudafricano, e sérvelle de inspiración nos momentos máis duros de represión para continuar coa súa loita.
Era Nelson Madela, que naceu nunha tribo sudafricana e rematou por converterse no presidente do seu país para comezar o desmantelamento da discriminación racial. Toda unha referencia universal da capacidade para construir o propio destino.
Son duas grandes historias de superación de persoas que demostran que, en calquer lugar do mundo, e en calquer época, o ser humano sempre tivo ante sí retos que parecían insuperables pero que con forza de vontade, perseverancia e lucidez, foron acadados.
Pertenzo a unha xeración á que se lle teñen posto as cousas difíciles, pero sigo crendo que temos a oportunidade, dende un punto de vista individual ate o colectivo, de transformar a nosa realidade para chegar a onde nos propoñamos, pois como escribiu Henley:
non importa qué estreito sexa o camiño,
nin qué cargada de castigos a sentenza,
son o dono do meu destino :
son o capitán da miña alma.
Roi Casal
.