BIOGRAFÍA

ROI CASAL

Roi Casal é un compositor, músico, intérprete, produtor, empresario e farmacéutico galego nado en Catoira o 25 de Abril de 1980.

ACTIVIDADE MUSICAL

Fórmase no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, onde é tutelado por María Rosa Calvo-Manzano, catedrática de arpa clásica, para a realización do grao superior do instrumento.

A súa carreira artística comeza no ano 2000 como arpista da mítica banda galega Milladoiro. A partires de 2009 emprende a súa carreira en solitario coa publicación dos traballos discográficos “Lendas Douradas”, 2009 (Xira Lendas Douradas 2009, 2010 e 2011) “Maxicamente Vello”, 2012 (Xira Máxicamente Vello 2012 e 2013) e “Donos do noso destino”, 2014 (Xira “Donos do noso destino” 2014, 2015 e 2016).

Os tres traballos foron destacados pola crítica especializada e convertíronse nos discos máis vendidos en Galicia cada ano dos seus respectivos lanzamentos, recibindo numerosos recoñecementos, entre os que destaca o Premio Internacional Cubadisco entregado na Habana en 2014 e o Premio Bo e Xeneroso por parte da Fundación Eduardo Pondal.

A súa música serviu ademáis de banda sonora para producións cinematográficas e de TV en distintos países.

En 2016 estrena no Gran Teatro da Habana “Son galego, Son cubano” un ambicioso proxecto internacional, por encargo do Instituto de la Música Cubano para por en valor os extensos lazos de unión entre Galicia e Cuba.

Baixo a dirección e composición de Roi Casal participaron neste proxecto figuras da talla de Pablo Milanés, Xosé Neira Vilas, Lartitza Bacallao ou Miguel Núñez.

Xira “Son galego, son cubano” 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021 e 2022 (www.songalegosoncubano.com)

En xaneiro de 2023 lanza o single “Xunto a ti”, producido por Charly Rodgarman nos RG Studios de Los Ángeles (California). Esta canción forma parte do repertorio da actual xira do artista (Ambos Mundos), na que conxuga as recentes producións en EEUU xunto cos seus grande éxitos.

ACTIVIDADE AUDIOVISUAL

Ano 2012

· Gravación de programa biográfico sobre Roi Casal por solicitude da TVG (programa Alalá)

Ano 2015

  • Bandas sonoras para as series de “Caseiros” e “Pazo de familia” da TVG.

Ano 2016

  • Concerto dende a Praza da Quintana estreno “Son galego, Son cubano”, (Neira Vilas e Roi Casal) para TVG

Ano 2019

  • Concerto dende o Gran Teatro de La Habana polo 500 aniversario da fundación da Cidade. Para TVG e CubaVisión Internacional
  • Grabación do documental “Descubrindo a Habana Galega” para TVG.

Ano 2022

  • Presentador de programas para Eventos G da TVG

Ano 2023

  • Gravación do Videoclip “Xunto a ti” baixo a dirección de Virvi Fraga e coa participación da actriz Beatriz Serén.
  • Membro do xurado do programa A liga dos cantantes extraordinarios (TVG)

ACTIVIDADE EMPRESARIAL

Froito da súa andaina musical e audiovisual, o artista inaugura en 2020 Harpazul, un complexo ubicado en Catoira (Rías Baixas, Pontevedra) que dispón de aloxamento de categoría superior ( harpazul.com), e onde tamén se ubica a sede da súa produtora, coa que xestiona a súa carreira artística (Harpazul Producións).

FARMACEUTICO

Estuda a carreira de farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, pola que é licenciado dende 2006. É titular único da oficina de farmacia PO-330-F de Catoira.